Eficiencia enerxética para a reducción de emisións de CO2
Utilizamos só aquela enerxía que realmente necesitamos
A eficiencia enerxética é para Repsol unha das vías con maior potencial para mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
O uso eficiente da enerxía permítenos utilizar menos recursos obtendo os mesmos resultados e no noso caso, conseguímolo coa optimización diaria, a mellora dos procesos substituíndo equipos obsoletos por outros de tecnoloxías melloradas ou innovadoras, ou mediante a dixitalización. Todo isto, xunto coa reciclaxe, os combustibles renovables e de baixo contido en carbono e o consumo intelixente, constitúen a nosa folla de roteiro para alcanzar as cero emisións netas en 2050.
Os proxectos de eficiencia enerxética na Coruña
Estes traballos de mellora en eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 contan co apoio do programa de aforro e eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial, cofinanciada baixo o lema “Unha maneira de facer Europa”, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), coordinada polo IDAE e xestionada polo INEGA.