Fundación Repsol impulsa o deporte escolar co proxecto ‘Activa a túa Enerxía’

Press Release 04/02/2025
  • Fundación Repsol promove esta iniciativa con máis de 9.500 participantes a nivel nacional, que está destinada a promover a actividade física en nenos e nenas de entre 6 e 11 anos.
  • Grazas a este proxecto máis de 1.400 participantes da Coruña e Arteixo contan esta tempada cun equipamento completo personalizado e gratuíto para disputar os seus partidos de fútbol. 
  • No evento de presentación na Coruña participaron Javier Manjarín, ex-xogador do Deportivo e a adestradora de fútbol feminino, Irene Ferreras.

04 February 2025 - 15:00 CET | PDF | 122.33 KB
Fundación Repsol impulsa o deporte escolar co proxecto ‘Activa a túa Enerxía’

Fundación Repsol impulsa a iniciativa ‘Activa a túa Enerxía’ cuxo obxectivo é fomentar a práctica deportiva desde idades temperás e promover un estilo de vida saudable de nenos e nenas entre 6 e 11 anos. Neste inicio da súa andaina, o programa conta xa con 9.500 participantes a nivel nacional, dos que máis de 1.400 son da Coruña e Arteixo.

O Polideportivo Municipal coruñés dos Rosales foi o escenario escollido para a presentación do programa, que permitiu que os pequenos deportistas pertencentes a 9 clubs e centros educativos rexistrados conten esta tempada cun equipamento completo personalizado e gratuíto para os seus partidos de fútbol.

O evento iniciouse coa presenza de Javier Manjarín, adestrador cunha ampla traxectoria deportiva que inclúe unha medalla olímpica 1992 e o seu paso por distintos clubs de fútbol profesional, incluído o Deportivo; xunto a Irene Ferreras, ex-xogadora profesional e adestradora de fútbol feminino, sendo técnica do Deportivo Abanca entre 2022 e 2024. Ambos os deportistas responderon as preguntas dos máis pequenos e incidiron na importancia do deporte e os seus valores para o desenvolvemento físico e emocional.

Na presentación participaron tamén Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña; Natalia Barreiro, directora do Complexo Industrial de Repsol; e o responsable de Patrocinio de Fundación Repsol, Mateo Casal. Xunto a eles estiveron distintos representantes das entidades rexistradas: os clubs deportivos Oza, A Silva, Os Rosales, SD. Esperanza de Meicende, ACM de Pastoriza e os centros educativos: Curros Enríquez, Escravas, San Francisco Javier e Grande Obra de Atocha.

Tras a presentación dos equipamentos deportivos, os máis de 200 nenos e nenas que asistiron ao evento xunto aos seus familiares, puideron participar en diferentes xogos lúdicos e deportivos como carreiras de globos, karts, circuíto de habilidades co balón ou fútbol-diana. As actividades estaban deseñadas para fomentar a actividade física dunha maneira divertida e formativa, permitindo ademais a interacción entre os participantes e o traballo en equipo.