Repsol celebra unha xornada educativa xunto ao Club de Ciencias do IES Pastoriza

Press Release 05/06/2025

05 June 2025 - 15:00 CEST | PDF | 78.35 KB

O complexo industrial de Repsol organizou esta mañá unha xornada educativa na que máis trinta alumnos do Instituto de Pastoriza (Arteixo) visitaron as instalacións coruñesas para coñecer de preto as súas iniciativas vinculadas á descarbonización e a economía circular.

Con esta xornada, o grupo de estudantes pertencentes aos cursos de 3º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato puideron concluír os contidos do seu Club de Ciencias, tendo a oportunidade de aprender o proceso de produción de combustibles renovables e o aproveitamento do aceite de cociña usado como materia prima. Ademais, contaron cunha charla da cooperativa social Mulleres Colleiteiras, formada por mulleres en risco de exclusión, quen compartiu cos mozos a súa experiencia na recollida e pretratamento do aceite doméstico usado que logo é utilizado nas instalacións para a fabricación dos biocombustibles, como é o caso do hidrobiodiesel (HVO).

Voluntarios Repsol: un protagonista máis da xornada

Por último, cabe destacar a participación de voluntarios do complexo industrial de Repsol da Coruña na xornada, e é que a visita desta mañá está incluída dentro das actividades que Fundación Repsol ten organizadas na súa Semana Internacional do Voluntariado. Os empregados voluntarios de Repsol foron os encargados de acompañar aos estudantes durante as distintas etapas da visita e actividades, apoiando na dinamización dos contidos, resolvendo dúbidas e axudando a crear unha experiencia educativa enriquecedora para os mozos científicos deste Club do Instituto de Pastoriza.

Plantación conxunta

Para finalizar a xornada, e con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, estudantes e voluntarios realizaron a plantación dunha árbore nos xardíns do complexo industrial: unha cerdeira en flor autóctono (Prunus serrulata “Kanzan”) que desde hoxe súmase á contorna das instalacións industriais.