A nosa historia

Toda unha vida no Val de Bens e o de Nostián

O Complexo Industrial A Coruña, que ocupa unha extensión de 150 hectáreas en total, evolucionou enormemente desde a súa fundación, triplicando a súa capacidade inicial e adaptándose ás tecnoloxías máis innovadoras de cada momento.

A día de hoxe o complexo é un dos principais motores económicos e de emprego de Galicia. Para chegar a onde estamos foi necesario o traballo e o apoio de multitude de persoas ao longo dun proceso de máis de 50 anos.

Instalacións Complexo A Coruña

O traballo que realizamos no Complexo é un referente de calidade, eficacia e seguridade.

barriles_cinta_byn_tcm44-71592.jpg

Anos 60

Ao redor do ano 1961, as compañías s Marathon Oil Company e PETROLIBER iniciaron plans para construír unha refinaría de petróleos no norte de España, coa autorización do Ministerio de Industria. Tras apuntar á zona da Coruña como lugar ideal se iniciaron as obras pertinentes, e o 11 de setembro de 1964 inaugurouse oficialmente a refinaría da Coruña.

A súa capacidade de almacenamento inicial era de 164 000 metros cúbicos de cru e 246 000 metros cúbicos de produtos en preparación ou terminados. Todos estes compostos eran transportados dentro e fóra das instalacións mediante os oito oleodutos que conectaban co Peirao de San Diego, onde estaba a terminal marítima da refinaría.

Por entón a planta ocupaba unha extensión total de nove hectáreas e pouco tempo despois da súa inauguración acadou a súa capacidade máxima: dous millóns de toneladas de cru.

Instalaciones en forma de tubo de la refinería de A Coruña

Anos 70

En 1969 decidiuse que era necesaria unha ampliación da refinaría, e deuse inicio a unha nova instalación que rematou en 1973. Engadíronse varias unidades de produción á planta e construír un terceiro peirao na terminal marítima para o atraque adicional de barcos.

Con esta ampliación, a destilación total dentro da refinaría creceu até os catro millóns de toneladas ao ano, e a súa capacidade de almacenaxe de cru e produtos ascendeu a un millón de metros cúbicos. Adicionalmente, a planta quedou capacitada para procesar crus con elevado contido de xofre, como o gasóleo.

Pasados os anos aplicouse un proceso de mellora nas unidades de produción existentes, iniciando así unha segunda ampliación na refinaría. Esta modificación rematou en 1979. Redimensionáronse e engadíronse novos equipos, elimináronse anteriores restricións operativas e fíxose da produción, en xeral, un proceso máis eficiente.

Grazas a estes cambios a capacidade de almacenamento de crus incrementouse en 180 000 metros cúbicos. A súa capacidade de destilación máxima tamén se incrementou de catro a seis millóns de toneladas ao ano. Esta capacidade de produción é a mesma que ten a refinaría actualmente.

Empleados andando por el complejo

Anos 80

En 1981 PETROLIBER integrouse no recentemente creado  Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH). O obxectivo desta asociación era agrupar e coordinar a actuación das empresas públicas españolas que operaban no sector do petróleo e o gas.

O mercado do cru de petróleo sufriu varias crise debido ao seu elevado custo durante esta época. Esta situación provocou o desenvolvemento de fontes de enerxía alternativas como o gas, o carbón ou a nuclear. A refinaría da Coruña non quedou atrás neste aspecto e iniciáronse diferentes estudos relacionados.

Finalmente optouse por implantar un proceso de conversión de residuos pesados, iniciando así unha terceira ampliación na planta, concretamente nazona do val de Nostián. En 1982 puxéronse en funcionamento as novas unidades de FCC, coqueificación retardada e calcinación de coque.

En 1985 PETROLIBER entrou a formar parte de EMP, e en 1987, a partir do INH, créase o Grupo Repsol, que pertence dende entón a refinaría. Guiados polos esixentes criterios de innovación, superación e seguridade que se impuxeron na planta con este cambio, nos seguintes anos realizáronse diversas instalacións e modificacións para permanecer sempre ao día cos cambios que xurdían no mercado.

Anos 90 e 2000

Entre 1988 e 2003  instaláronse un total de 11 novas unidades xunto a diversas modificacións doutras xa existentes, todo iso co obxectivo de manterse á vangarda da tecnoloxía enerxética e de manterse por encima dos requisitos legais e medio ambientais.


En todo este período aumentou a cantidade e a variedade de produtos destinados ao mercado nacional e á exportación, destacando os asfaltos, o butano olefínico, o gasóleo e as gasolinas. A extracción de xofre nos compostos tivo cada vez máis importancia e conseguiu chegar neste aspecto a unha capacidade total de 150 toneladas de xofre extraído ao día.

Tamén aumentou a eficiencia de diversos procesos, reducindo custos e ciclos de operación. En canto á xeración de enerxía, a refinaría conseguiu autoabastecerse dela, e grazas á creación da unidade de Coxeración II empezou a producir o equivalente en electricidade a dúas veces o consumo do municipio da Coruña.

É importante destacar o proxecto da planta de hidrotratamento de gasóleo sen carga (HDT), que se iniciou en 2003 e rematou en 2005. Mediante un investimento de 211 millóns de euros construíuse a devandita planta de HDT xunto a outras unidades e tanques, ademais de diversas modificacións a outras instalacións xa existentes.

O obxectivo do proxecto, ademais de renovar e mellorar a produción, era cumprir as especificacións de redución de xofre requiridas pola lexislación para o ano 2005 e as previstas para os anos 2008 e 2010. Esta posta a punto xerou cifras memorábeis, como os 619 empregados que houbo de media no traballo ou as 3 240 000 horas investidas nel.

En xuño de 2011 conseguimos un fito en xestión enerxética: fomos a primeira refinaría do mundo en conseguir a certificación ISO 50001. Este certificado xunto co EN-16001 recibido tres meses antes, situábannos á vangarda do sector, mellorando nosa competitividade.

Instalacións Complexo A Coruña

Futuro próximo

Agora centrámonos no Porto Exterior da Coruña, onde estamos a realizar o traslado de todas as operacións de cru e sólidos xunto con todos os aspectos empresariais e xurídicos que implican. Este proxecto, aínda en fase de construción, iniciouse cun acordo asinado pola Autoridade Portuaria da Coruña.

Polo demais, o futuro inmediato do Complexo Industrial da Coruña vén marcado polo camiño descrito até agora. Estamos decididos a mellorar constantemente o noso traballo mantendo ao día nosas técnicas e instalacións, sen deixar de lado a seguridade e o medio ambiente. Debido a esta actitude, a nosa refinaría é actualmente un referente de calidade mundial, e un recurso inestimábel para Galicia e para España.

A Parada

Tal e como indica a palabra, unha parada é a interrupción do funcionamento dunha ou dúas unidades nunha empresa industrial, que no noso caso é unha refinaría.

É un plan que acolle diferentes actividades, como mantemento de equipos de produción, a súa substitución, inspección ou limpeza. Estes traballos só se poden executar cando a planta de produción esta parada e serven para dar unha mellora nas instalacións.

O éxito dunha boa parada depende dunha boa planificación para acadar os obxectivos de seguridadd, duración d calidade. Unha parada pode durar dende días a meses, dependendo dos labores que se teñan que realizar.

Para este tipo de actuacións, amplíase o número de empregados. Deste xeito, as paradas convértense nun motor de emprego no que participan non só traballadores propios de Repsol, senón centenares de traballadores que pertencen a empresas contratistas, que na súa maioría están implantadas en Galicia.

O principal obxectivo de Repsol é a seguridade de todos os que participan nunha parada: por este motivo deseñamos uns protocolos de parada, que inclúen a creación dun grupo de Coordinación de Seguridade. Este grupo analiza tanto as actuacións do día coma a planificación das medidas da xornada seguinte.