A XIV edición de HackIA 2025.1 celebra a súa final na Coruña

  • Trátase dunha competición baseada no concepto de Hackathon onde varios equipos multidisciplinares de diferentes áreas de Repsol demostran o seu talento para resolver un reto/problema dun negocio aplicando IA e IA Xenerativa, nun curto espazo de tempo.
  • A plataforma HackIA de Repsol é unha excelente oportunidade para demostrar como a tecnoloxía, en mans das persoas, convértese nunha ferramenta poderosa para transformar os negocios.
  • Desde a súa creación no ano 2020 son máis de 60 os casos que pasaron por HackIA, que xa permitiu testar a viabilidade de numerosas iniciativas presentadas polos equipos participantes.

O Complexo Industrial de Repsol celebrou nas súas instalacións a gala final da XIV edición HackIA 2025.1, unha competición baseada no concepto de Hackathon onde varios equipos multidisciplinares de diferentes áreas de Repsol demostran o seu talento para resolver un reto/problema dun negocio aplicando IA e IA Xenerativa, nun curto espazo de tempo.

Esta plataforma de innovación e aceleración de casos dixitais, que Repsol promove entre os seus empregados desde o 2020 para impulsar a dixitalización e a cultura do dato, busca nesta edición desenvolver solucións que reforcen a fiabilidade das operacións a través de casos de uso reais. O principal desafío para os participantes de HackIA é demostrar que a solución que propuxeron é viable e pode ter un impacto na compañía. Unha mostra máis de como a dixitalización é unha panca crave na transformación industrial de Repsol.

Nesta edición foron 44 as iniciativas presentadas e seis os equipos participantes na competición. Tras unha final chea de emoción, os seis membros do xurado e os máis de 200 asistentes elixiron gañador ao proxecto do equipo Rosalind. O seu asistente, baseado nun modelo RAG optimiza a xestión do ciclo de vida dos activos na súa fase de explotación, alimentándose de datos históricos e actuais sobre os activos, procedementos operativos e rexistros de mantemento.

A plataforma HackIA de Repsol é unha excelente oportunidade para demostrar como a tecnoloxía, en mans das persoas, convértese nunha ferramenta poderosa para transformar os negocios e co-mo a intelixencia artificial está a transformar a maneira de operar en Repsol, optimizando procesos e mellorando a experiencia de clientes e empregados.

Desde a súa creación no ano 2020 son máis de 60 os casos que pasaron por HackIA, que permitiu testar a viabilidade de numerosas iniciativas presentadas polos equipos participantes, como é o caso de “Pan Quente”, termos que dan nome á iniciativa gañadora de 2020 e que serve para predicir a demanda deste produto nas estacións de servizo de Repsol.