Día Mundial da Auga

Desenvolvemos unha xestión sostíbel da auga mediante a busca continua de solucións para garantir o uso responsábel dos recursos hídricos, preservar a súa calidade e avanzar cara a un modelo de economía circular.

Man que recolle auga de río

Facer un uso responsábel dos recursos naturais é clave para Repsol.

Complejo Industrial de A Coruña con el mar

Responsabilidade cos recursos hídricos

O noso compromiso é facer un uso responsábel dos recursos hídricos, garantir a calidade da auga tras o seu uso industrial e fomentar a redución do consumo de auga no noso proceso produtivo. Os procesos que se desenvolven no complexo industrial xeran unha serie de augas residuais que se someten a un tratamento completo.

Unha parte da auga xa tratada volver poñerse a circular para a súa reutilización en diversas actividades do complexo industrial, chegando a reutilizar ata unha 60 % da auga que consumimos. O resto envíase ao mar a través de un emisario submarino.

O control da calidade da auga que facemos é exhaustivo con análises diarias no laboratorio, e lévase a cabo un programa de Vixilancia e Control do Emisario Submarino (Ambiental e Estrutural) por organismos externos autorizados, así como inspeccións de Augas de Galicia para comprobar que cumprimos cos requisitos fixados na nosa Autorización Ambiental Integrada.