Repsol inaugura o seu novo terminal marítimo no Porto Exterior de Punta Langosteira
O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o Presidente de Repsol, Antonio Brufau inauguraron hoxe o novo terminal marítimo do Porto Exterior de Punta Langosteira. No acto estiveron tamén presentes o Presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez; subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, así como Inés Rey e Carlos Calvelo, Alcaldes da Coruña e Arteixo, respectivamente, entre outras autoridades locais e autonómicas. Acompañáronlles Natalia Barreiro, Directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, xunto a persoal da compañía implicado no proxecto.
Repsol estreou as novas instalacións co barco Front Ocelot, un buque de 250 metros de eslora que pasará á historia por ser a primeira atracada no terminal marítimo de Repsol no Porto Exterior de Langosteira, situado en Arteixo (A Coruña).
O proxecto de traslado das operacións de cru ao Porto Exterior ha suposto para Repsol un investimento de máis de 126 millóns de euros e a construción dunha gran infraestrutura na que prevaleceu os máximos estándares de calidade, seguridade e medio ambiente. Reforzando unha vez máis a aposta e contribución de Repsol á economía galega, neste proxecto participaron 1.250 profesionais pertencentes a máis de 130 empresas auxiliares, xunto aos equipos técnicos de Repsol.
O Complexo Industrial de Repsol na Coruña, que leva unido ao porto sesenta anos, é un dos seus principais operadores, superando os 8 millóns de toneladas o pasado ano e concentra o 60% dos tráficos portuarios. Tal e como anunciou o Presidente da compañía, Repsol xa está a traballar nunha segunda fase para completar o traslado do resto de tráficos desde o porto interior ao Porto Exterior. A concesión finaliza en decembro de 2027.
As novas instalacións en Punta Langosteira, ademais de permitir o traslado do terminal marítimo interior, serán claves na transformación industrial do complexo, facilitando a loxística de novos produtos e materias primas e contribuíndo así á iniciativa da Autoridade Portuaria A Coruña Green Port, para a creación dun hub de enerxías renovables
Tras a súa visita ao novo terminal, Antonio Brufau asegurou que “as instalacións portuarias son unha plataforma crave para o desenvolvemento de Galicia e o noso complexo industrial continuará exercendo como motor económico e axente crave para a transformación sostible da súa industria”. O Presidente de Repsol indicou que este terminal “é un exemplo da transición enerxética que defendemos e que non quere deixar a ninguén fóra; desde un complexo industrial onde a través da circularidade produciremos combustibles neutros en carbono a partir de residuos, estamos a impulsar un porto desde o que se distribuirá enerxía renovable”. O Presidente da compañía engadiu que este proxecto, un paso máis no compromiso coa sociedade coruñesa, “reflicte a aposta de Repsol polo presente e o futuro do Porto Exterior e a colaboración e traballo conxunto desde fai sesenta anos co Porto da Coruña, do que o complexo industrial é un dos seus principais operadores”.
Alfonso Rueda, que acudiu xunto co Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou que a nova infraestrutura é fundamental non só para a compañía enerxética, senón tamén para a área da Coruña e, por extensión, para toda Galicia, que gaña en competitividade cunha refinería que xera emprego e valor engadido na súa zona de influencia e cunha firma que é un verdadeiro motor para a nosa economía.
Pola súa banda, Martín Fernández Prado trasladou que “o día de hoxe é unha xornada histórica que mostra o compromiso de Repsol coa Coruña e o seu porto” e felicitou a todos os profesionais implicados no proxecto.
O novo terminal, en datos
Con esta infraestrutura, Repsol deu cumprimento ao acordo subscrito en 2013 coa Autoridade Portuaria da Coruña, operando desde 2015 os tráficos de sólidos no Porto Exterior, e agora coas operacións de cru en Langosteira. Actualmente estase traballando en distintos ámbitos de enxeñería para o desenvolvemento dunha segunda fase que completará o traslado do resto de tráficos desde o porto interior, cunha concesión vixente ata decembro de 2027.
A superficie de ocupación do novo terminal no Porto Exterior é de 60.000 m2 de parcela de chan e 52.000 m2 de lámina de auga.
O proxecto estivo dividido en diferentes bloques de traballo:
As instalacións auxiliares situadas en chan de dominio público portuario están conformadas por varias edificacións, subestacións eléctricas e polo sistema de bombeo e regulación a través dunha instalación de tubaxes para o envío do cru desde o Porto Exterior á refinería. Así mesmo, desde o pantalán ás instalacións de bombeo hai unha conexión de liñas polo perímetro interior do porto de máis de tres quilómetros.
Pola súa banda, o poliducto ten unha lonxitude de 3,8 quilómetros e conta con once tubaxes soterradas: dous delas destinadas ao transporte de cru entre a refinería e o novo terminal de Repsol, unha terceira para a trasfega de augas e as oito tubaxes restantes son para o transporte posterior doutros tráficos.
A construción do poliducto finalizou o ano pasado e leváronse a cabo con éxito as inspeccións e verificacións establecidas, previas ás actuacións de comisionado e posta en marcha.
Ademais, o proxecto incluíu un plan de conservación dos petróglifos achados nunha parte do trazado, que se desenvolveu de acordo con o proxecto que presentou Repsol e aprobou a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Seguindo todos os protocolos de conservación, retiráronse os dous gravados circulares e, tras as obras, restablecéronse no seu emprazamento orixinal, respectado a configuración do afloramento arqueolóxico cunha restauración do manto vexetal de todo o terreo do trazado.
A seguridade, o compromiso coa contorna, o respecto ambiental e a conservación arqueolóxica foron os eixos de actuación nas diferentes fases do proxecto do novo terminal marítimo de Repsol no Porto Exterior de Punta Langosteira.