Repsol busca talento industrial para o seu Complexo da Coruña

Press Release 22/03/2024
  • O Complexo industrial ten abertas varias vacantes para operadores/as de planta química na Coruña.
  • Repsol dispón dun programa de prácticas remuneradas Talent Energy, para que estudantes ou recentemente graduados de formación superior poidan adquirir experiencia. 
  • Esta semana o equipo da área de Persoas e Organización participou nas Feiras de Emprego 45+ da Cámara de Comercio da Coruña e IFFE Business School. 
  • A compañía ofrece a oportunidade de traballar en proxectos industriais retadores e de gran envergadura que converterán a refinería coruñesa nun polo multienergético. 
  • O centro industrial coruñés é desde hai 60 anos uno dos grandes motores socieconómicos en Galicia coa xeración actual de máis de 630 empregos directos, máis de 1.000 indirectos e 3.000 inducidos.

22 March 2024 - 15:00 CET | PDF | 339.99 KB

Repsol aposta pola industria e busca a persoas que queiran sumar o seu talento ao equipo do Complexo Industrial da Coruña para que formen parte activa da transición enerxética.

A compañía, que se atopa actualmente en pleno proceso de transformación dos seus centros industriais en polos multienerxéticos descarbonizados, ten abertas a día de hoxe varias ofertas para operadores/as de planta química na Coruña. Estas vacantes están dirixidas a titulados en Ciclos Formativos de grao superior na especialidade de Química Industrial, Mecatrónica Industrial, Mantemento electrónico, Automatización e robótica industrial, así como Sistemas electrotécnicos e automatizados.

Ademais, Repsol dispón dun programa de prácticas remuneradas Talent Energy, para que estudantes ou recentemente graduados de formación superior poidan completar os seus estudos, especializándose en distintas áreas á vez que teñen a oportunidade de adquirir experiencia, formándose con profesionais no sector enerxético.

Talento industrial

Aposta polo emprego industrial

O complexo de Repsol na Coruña é desde os anos 60 un dos grandes motores de emprego industrial en Galicia coa xeración de máis de 630 empregos directos, máis de 1.000 indirectos e 3.000 inducidos. Este compromiso co emprego está reflectido non só nas cifras, senón tamén a través da súa colaboración e participación en iniciativas de entidades públicas e privadas que teñen como obxecto a procura de emprego e talento.

Esta semana o complexo industrial de Repsol na Coruña, estivo presente en dous foros de emprego, nos que o equipo da súa área de Persoas e Organización achegaron a oferta de talento e perfís polos que aposta a multienerxética ás máis de 400 persoas rexistradas na Feira de Emprego 45+ da Cámara de Comercio da Coruña; así como a todos aqueles que acudiron á XIII Feira de Emprego IFFE Business School.

E a principio de mes renovábase o convenio marco de Formación Profesional (FP) coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Unha colaboración que empresa e administración manteñen neste campo educativo e que foi ampliándose periodicamente desde o seu primeiro acordo en 1997.

Repsol, ofrece un desenvolvemento profesional variado e a oportunidade de sumarse ao equipo de máis de 630 persoas que traballan no seu complexo industrial da Coruña e ao de máis 25.000 en todo o mundo. E desde A Coruña brinda a oportunidade de traballar en proxectos industriais retadores e de gran envergadura de transformación industrial do Complexo, que será capaz de aumentar a produción de combustibles renovables e outros produtos de baixa pegada de carbono, levar a cabo proxectos de biometano e hidróxeno renovable, así como impulsar a eficiencia enerxética e circularidade nos seus procesos industriais.