Repsol e a Xunta asinan un novo convenio marco de Formación Profesional (FP)

Press Release 01/03/2024
  • A colaboración Xunta-Repsol inclúe na súa oferta educativa as modalidades de FP dual e dual ordinario, FCT, Estadías de alumnado, así como formación e actualización do profesorado na empresa.
  • Repsol asumirá de forma pioneira a xestión documental e o coste da seguridade social dos alumnos en prácticas da Formación en Centros de Traballo (FCT), coa posibilidade de outorgar unha bolsa de axuda complementaria.
  • Ademais a compañía en Galicia vai a ofertar unha dual parcial para promocionar a obtención de certificados de profesionalidade nivel 3 de "Xestión e Control de Planta Química".
  • Ambas entidades destacan que o papel da FP é fundamental e máis de 350 alumnos de Química Industrial realizaron os seus estudios no Complexo Industrial de Repsol entre 2008 e 2024.

01 March 2024 - 12:00 CET | PDF | 230.84 KB

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Procesional e Universidades, Román Rodríguez, e a directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro, asinaron esta maña un convenio marco da Formación Profesional (FP) que amplía a colaboración que empresa e administración manteñen neste campo desde 2012.

O acto da firma tivo lugar nas instalacións do centro industrial e contou coa presenza da directora xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez, e a subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta. Ao acto tamén asistiron representantes da empresa enerxética, así como docentes e alumnado dos centros educativos colaboradores destas iniciativas educativas: o IES A Sardiñeira de A Coruña, o IES Marques de Sargadelos de Cervo (Lugo) e o CIFP Ferrolterra de Ferrol (A Coruña).

Con este novo convenio de colaboración, o Complexo Industrial de Repsol na Coruña renova a súa oferta formativa dirixida aos alumnos de FP en Galicia, que inclúe 4 modalidades: Fp dual e dual ordinario, Formación no centro de traballo (FCT) e Estadías de alumnado. Na modalidade de FP Dual está o Ciclo Formativo de Mecatrónica Industrial dende o ano pasado e o Ciclo Formativo de Química Industrial, que xa se imparte nas instalacións dende o 2013 e cuxa sexta promoción incorpórase ao primeiro período de prácticas na empresa no mes de marzo cun total de 18 novos alumnos.

Repsol y la Xunta firman un nuevo convenio de FP

Unha das maiores novas de este acordo é que Repsol asumirá de forma pioneira a xestión documental e o coste da seguridade social dos alumnos en prácticas da Formación en Centros de Traballo (FCT),coa posibilidade de outorgar unha bolsa de axuda complementaria no alumnado en prácticas na empresa.

Así mesmo, o Centro industrial de Repsol está a ofertar unha nova modalidade Parcial Dual para a obtención de certificados de profesionalidade nivel 3: "Xestión e Control de Planta Química", a través dunha proposta parcial do currículo dos ensinos conducentes ao título de Técnico superior de Química Industrial.

Tamén é moi importante destacar a aposta de Repsol polos docentes, quen teñen a posibilidade de acudir as nosas instalacións para a súa formación e actualización na empresa.

A colaboración coas familias da formación profesional no Complexo céntrase principalmente na Química Industrial e recentemente no Ciclo de Mecatrónica na modalidade dual, pero tamén Automatización e Robótica Industrial, Organización e Mantemento de buques, Comercio e Marketing, Xestión Administrativa, Química Ambiental, e Laboratorio de Análise e Control, son outros dos ciclos formativos cos que a empresa vén a colaborar e cuxo alumnado poderá realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT).

Aposta pola FP desde 2003

Para Repsol e o seu Complexo Industrial na Coruña o papel da FP é fundamental no desenvolvemento formativo e na incorporación laboral da xuventude, sendo máis do 50% dos traballadores da refinería titulados en estudos de Formación Profesional.

Desde o ano 2003, o Complexo Industrial está involucrado na formación dos operadores de planta Química, que despois se transformou no Ciclo Superior de Química Industrial, impartido no IES A Sardiñeira da Coruña. Nesta forte aposta pola formación profesional, en 2013 Repsol incorporouse como primeira empresa na Coruña en ofertar a modalidade Dual. Desde entón, esta formación permitiu a un total de 106 alumnos do ciclo superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira, combinar a súa aprendizaxe no centro educativo con formación e prácticas no complexo industrial.

Neste mes de marzo comezará a súa formación nas instalacións a sexta promoción desta FP Dual. Repsol ofrecerá a un total de 18 novos alumnos do primeiro curso de ciclo matriculados no IES Sardiñeira de A Coruña unha formación de cinco meses que supoñen aproximadamente 400horas de prácticas na empresa durante o segundo trimestre do curso e ata o mes de agosto que formara aos futuros operadores de planta química.

Unha vez rematado o período de practicas do segundo curso os alumnos cunha avaliación satisfactoria poderán incorporarse a bolsa de emprego da enerxética, sendo a súa candidatura preferente nosprocesos de selección e o índice de empleabilidade no complexo industrial coruñés está cifrado en máis do 90%.

Grazas a esta aposta, máis de 350 alumnos de FP de Química Industrial (ordinario, dual e FCT) veñen realizando 130.000 horas de formación na refinería entre 2008 e 2024.

Tamén o Complexo recibiu alumnado en prácticas de distintas familias para a realización da súa Formación en Centro de Traballo (FCT), necesarias para obtención do título.

A FP dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que, desta forma, a compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais.