Esta mañá produciuse un incidente laboral nunha unidade sita na área de conversión da refinería, situada en Arteixo. Dous traballadores dunha empresa auxiliar levaban a cabo traballos de mantemento na planta de hidrotratamento e todo evidencia, que durante a manipulación dunha tubería fóra de operación resultaron afectados por inhalación de restos de gas residual contidos en dita tubería.
Activouse inmediatamente o protocolo interno con chamadas ao 112 e atención polos servizos médicos con posterior traslado ao Hospital Universitario de A Coruña (CHUAC), onde están sendo atendidos.
O suceso non tivo ningunha afectación ao exterior, nin risco para a poboación.
Repsol lamenta profundamente o sucedido e espera a pronta recuperación dos feridos. Ademais, está permanentemente a disposición e en contacto coa empresa á que pertencen os traballadores.
A refinería comunicou inmediatamente os feitos ás autoridades competentes e tamén se contactou cos representantes das asociacións veciñais do entorno para explicarlles directamente o sucedido, aínda que non houbo afectación externa en ningún momento
A compañía abriu unha investigación para aclarar as causas do accidente.