Outros investimentos

Nova unidade na nosa refinaría

Na refinaría da Coruña iniciamos a construción dunha nova unidade de obtención de propileno grao polímero, que permitirá mellorar a competitividade e eficiencia do complexo industrial, un dos principais motores da economía galega. 

traslado_columna_puerto_tcm44-182814.jpg

O proxecto permitirá aumentar a produción de propileno un 35 %

O obxectivo da nova unidade é aumentar a produción de propileno do complexo industrial un 35 %e revalorizalo cun aumento da súa calidade en pureza, alcanzando unha produción anual estimada de 81 000 toneladas de propileno en grao polímero. 

O propileno grao polímero é utilizado na industria química como materia prima para a elaboración de polipropileno, que á súa vez serve como base de gran variedade de produtos da vida cotiá como material sanitario, papelería ou industria téxtil, entre outros.

A nova unidade en cifras

29

millóns

de euros investidos

81.000

toneladas

de propileno de produción anual

80

metros

de altura na columna

8

meses

de prazo de execución

Instalacións Complexo A Coruña

Unha aposta de futuro

Este investimento, de 29 millóns de euros, súmase aos traballos xa realizados na última parada de mantemento.

En total, leváronse a cabo tres proxectos que permitiron a redución de emisións de CO2 e partículas na unidade de FCC (Craqueo Catalítico Fluído), realizando melloras tecnolóxicas na planta e adaptándoa á última normativa europea existente.