Cando parar significa avanzar

O mantemento das nosas plantas é unha actividade que levamos a cabo de forma diaria, pero periodicamente, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas e investimentos de mellora, temos que realizar nelas funcións de revisión, renovación ou inspección que só poden executarse coas unidades fóra de servizo. 

A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.

Torre del Complejo de A Coruña

Parada de hidrotratamento 2022

Convertémonos nunha refinería de futuro,  multienerxética e máis sostible.

A refinería de Repsol na Coruña atópase inmersa nunha transformación industrial que vira en torno ao incremento da produción de biocombustibles e outros produtos de menor pegada de carbono para os que son necesarias modificacións en unidades e implementación de novas tecnoloxías que permitirán reducir as emisións CO2 e converterse nun complexo eficiente cun modelo enerxético  descarbonizado.

Esta transformación imos ver reflectida en 2022 a través dos traballos da parada programada que se executarán en catro unidades da área de Conversión do complexo industrial e que son as encargadas do proceso de tratamento dos combustibles para eliminarlles o xofre.

As melloras planificadas nelas teñen como obxectivo o mantemento e mellora da fiabilidade destas plantas e van permitir conseguir combustibles cada vez máis ecolóxicos na produción da Refinería. 

Para cumprir este obxectivo, Repsol destina preto de 10 millóns de euros, dos cales 3,6 millóns empréganse a novos investimentos e 6,1 millóns ao mantemento e revisión das unidades. Ademais, nesta parada, a maiores do persoal propio, Repsol contará co traballo de 400 profesionais diarios pertencentes a 18 empresas auxiliares e prevese que cheguen a alcanzarse puntas de 550 persoas traballando ao día, o que reforza o compromiso da Refinería como motor económico e de emprego.

Instalaciones Complejo A Coruña

Investimento medioambiental na planta de Hidrotratamento (HDT)

Durante os traballos de parada vaise levar a cabo en HDT un proxecto que vai permitir incrementar na refinería a produción de biocombustibles procedentes de diversas fontes renovables.

O obxectivo deste investimento valorado en máis de 1,2 millóns de euros, é  coprocesar aceite vexetal (VO) e outros bios como o aceite de cociña usado (UCO) na unidade, alcanzando máis de 5.500 toneladas de biocombustibles este ano e aumentando a cifra ata superar as 10.500 toneladas a partir de 2024.
Tamén se prevé alcanzar un aforro enerxético anual de 2.500 toneladas de vapor de auga e a redución de 440 toneladas de CO2 ao ano.

Os traballos da parada tamén inclúen un avance tecnolóxico para actualizar consolas de operación na sala de control da área de Conversión, que vai mellorar a competitividade da Refinería e reforzar a súa seguridade e control.

A parada en cifras

4

unidades

paradas

33

días

de parada estimados

550

persoas diarias

en puntas de traballo

9,75

millóns de euros

en orzamento

18

empresas auxiliares

participantes

440

toneladas/CO2

de redución de emisións

Como e unha parada na Refinería da Coruña

acoruña-torre-instalaciones.jpg

As nosas instalacións funcionan 24 horas, todos os días do ano. O mantemento das nosas plantas é unha actividade que realizamos de forma diaria, pero periodicamente temos que realizar traballos de revisión, renovación, inspección, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas ou investimentos de mellora, que só poden levar a cabo coas unidades fóra de servizo. A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.

Neste tipo de paradas, que se van repetindo de forma periódica, realízanse numerosos traballos, como son o mantemento de equipos de produción, a súa substitución e a inspección, co obxectivo de aumentar a competitividade e a eficiencia e vanse repetindo de forma plurianual. Cada parada conleva distintas etapas (proceso de parada da unidade, revisión programada e, finalmente, posta en marcha novamente das unidades).
 

sines-antorcha_tcm115-138297.jpg

Tanto nos primeiros días, na fase de parada das unidades como na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos requirirán do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gaseosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura.
Despois dunha parada destas características, estas unidades recuperan as súas condicións orixinais para operar, de acordo cos máis altos estándares de seguridade, realizándose coa maior optimización posible.
 

Un operario haciendo comprobaciones de seguridad

A seguridade do noso persoal, a nosa máxima prioridade
 

Todas as paradas programadas da refinería de Repsol na Coruña teñen a seguridade como prioridade e está plenamente integrada en todas as actividades que desenvolve o persoal.
Así, en cada Parada constitúese un Equipo de Coordinación de Seguridade operativo as 24 horas do día e integrado por persoal de Repsol e das empresas de servizos, e que se encarga de establecer as medidas de seguridade e protección a aplicar durante todo o período dos traballos de parada.
Ademais. todas as persoas que participan na parada reforzan a súa formación en seguridade con aprendizaxe específica.