Parada combustibles 2024

Cando parar significa avanzar

O mantemento das nosas plantas é unha actividade que levamos a cabo de forma diaria, pero periodicamente, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas e investimentos de mellora, temos que realizar nelas funcións de revisión, renovación ou inspección que só poden executarse coas unidades fóra de servizo. 

A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.

Unidades de Combustibles A Coruña

Convertémonos nun complexo industrial de futuro, multienerxético e máis sostible.

A revisión programada de 2024 na área de Combustibles terá unha duración prevista de máis de 60 días e implica unha parada total do funcionamento de 4 unidades e parcial doutras 4 plantas da refinería. O resto das unidades do complexo industrial, incluídas os fachos e os dous terminais marítimos funcionarán con normalidade, sen afectar á súa actividade.

Os traballos están divididos en diversas actuacións que contan cun orzamento de máis de 21,9 millóns. En concreto, 9,4 millóns empréganse a novos investimentos de mellora continua en seguridade, innovación ambiental e fiabilidade, e 12,5 millóns a traballos de mantemento e revisión das unidades.

Ademais, nesta parada, a maiores do persoal propio, Repsol contará co traballo de 690 profesionais diarios pertencentes a 45 empresas auxiliares e prevese que cheguen a alcanzarse puntas de case 800 persoas ao día traballando ao día, o que reforza o compromiso do Complexo Industrial como motor económico e de emprego.

A parada en cifras

8

unidades

paradas

+ 60

días

de parada estimados

Preto 800

persoas diarias

en puntas de traballo

46

empresas auxiliares

participantes

24,8

millóns de euros

en orzamento

30

investimentos que executar

de descarbonización, mantemento, seguridade e medioambiente

Repsol Parada 2024

Investimentos

Destacan os investimentos centrados na descarbonización e a mellora da eficiencia enerxética das plantas. 

Cabe destacar a substitución do precalentador existente da unidade de Platformado 2 por un novo equipo máis eficiente, grazas ao que se conseguirán un menor consumo de fuelgas e unha redución ao redor de 1.780 toneladas de CO2 ao ano. 

Por outro, tamén levarán a cabo en actuacións destinadas á innovación para a mellora continua en seguridade e fiabilidade das unidades.

Como é unha parada no Complexo Industrial da Coruña

Torres del  Complejo de A Coruña

As nosas instalacións funcionan 24 horas, todos os días do ano. O mantemento das nosas plantas é unha actividade que realizamos de forma diaria, pero periodicamente temos que realizar traballos de revisión, renovación, inspección, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas ou investimentos de mellora, que só poden levar a cabo coas unidades fóra de servizo. A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.

Neste tipo de paradas, que se van repetindo de forma periódica, realízanse numerosos traballos, como son o mantemento de equipos de produción, a súa substitución e a inspección, co obxectivo de aumentar a competitividade e a eficiencia e vanse repetindo de forma plurianual. Cada parada conleva distintas etapas (proceso de parada da unidade, revisión programada e, finalmente, posta en marcha novamente das unidades).

Antorcha del Complejo

Tanto nos primeiros días, na fase de parada das unidades como na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos requirirán do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gaseosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura.

Despois dunha parada destas características, estas unidades recuperan as súas condicións orixinais para operar, de acordo con os máis altos estándares de seguridade, realizándose coa maior optimización posible.

IMA_REPSOL_ACORUÑA_Parada 2023_Personas

A seguridade, a nosa máxima prioridade

Todas as paradas programadas do Complexo Industrial de Repsol na Coruña teñen a seguridade como prioridade e está plenamente integrada en todas as actividades que desenvolve o persoal. 

Así, en cada parada constitúese un equipo de coordinación de seguridade operativo as 24 horas do día e integrado por persoal de Repsol e das empresas de servizos, e que se encarga de establecer as medidas de seguridade e protección a aplicar durante todo o período dos traballos de parada. 

Ademais, todas as persoas que participan na parada reforzan a súa formación en seguridade con aprendizaxe específica.