Puerto Exterior Langosteira

Talento feminino

O Complexo Industrial conta na actualidade con máis de 140 empregadas no seu persoal e  preto do 60 % dos postos con responsabilidade  están liderados por mulleres.

Igualdade

O Día Internacional da Muller coincide este ano cun dos momentos máis relevantes do Complexo Industrial da Coruña: a Parada de Conversión 2026.

Celebramos o talento feminino, coñecendo xunto a un grupo de compañeiras do Complexo e técnicas de empresas auxiliares como desenvolven os distintos traballos nos que están inmersas de operación, planificación, mantemento, xestión de seguridade e medio ambiente.

Motor socioeconómico

O Complexo Industrial da Coruña cumpre 60 anos, apostando polas persoas e sendo un dos motores socioeconómicos de Galicia. As súas instalacións ocupan unha extensión de 150 hectáreas e están situadas entre A Coruña e Arteixo.

Ten un equipo humano moi especializado formado por preto de 650 profesionais aos que hai que sumar os máis de 300 empregos indirectos e supera os 3.000 inducidos. Establece un importante tecido empresarial con máis dun centenar de empresas contratistas, na súa maioría de carácter local.

Cifras Repsol

É un dos máximos exportadores de Galicia, representando o 68% do tráfico do Porto da Coruña. E nos últimos sete anos contou con máis de 350 millóns de euros en distintos investimentos de proxectos ambientais, de eficiencia enerxética, seguridade e competitividade. 

Aplicamos a innovación en todos os nosos procesos e estamos certificados cos máximos estándares de seguridade, medio ambiente, calidade e eficiencia enerxética segundo as normas ISO45001,14001,9001 e 50001.

O principal propósito de Repsol é ser unha compañía cero emisións netas en 2050, en liña cos obxectivos establecidos no Acordo de París. Para alcanzar este obxectivo, a nosa compañía fixouse unha esixente folla de roteiro, que inclúe, entre outras iniciativas, a transformación industrial na que o complexo coruñés xa está inmerso para converterse nun polo multienerxético capaz de producir materiais cunha baixa pegada de carbono.

Complejo Industrial

A nosa historia